Rosa Enríquez

195341_1635181478_5089637_n

Nomeada por:

Helena Villar Janeiro
Alfonso Láuzara Martínez
François Davo

Nomea a:

M. Neves Soutelo
Alberte Momán
Alfredo Ferreiro
François Davo
Manuel Outeiriño
Andrea Nunes Brións
Xesús Rábade Paredes
Lorena Souto
Olalla Cociña
Estevo Creus
Helena Villar Janeiro
Igor Lugrís
Paulino Vázquez
Verónica Martínez
Manuel Forcadela
Xosé Luís Méndez Ferrín
Ramiro Vidal Alvarinho
Lucía Novas Garrido
Ramón Blanco
Gonzalo Hermo
Ana Romaní
Iolanda Aldrei
Anxo Angueira
María Rosendo
Antía Otero
Elvira Ribeiro Tobío
Xiana Arias
María do Cebreiro
Estíbaliz Espinosa
Alicia Fernández
Daniel Salgado
Manuel Álvarez Torneiro
Xosé Daniel Costas
Xabier Cordal
Antón Lopo
Olga Novo
Chus Pato
Gonzalo Navaza
María Lado
Lucía Aldao

Bio-bibliografía:

Rosa Enríquez (A Rúa, 1969) publicou o seu primeiro libro de poemas, Nas Aforas –Premio Francisco Añón 2005-, nun volume colectivo editado polo Concello de Outes. Posteriormente, saíron á luz outros dous libros máis: o poemario, Vestíbulo da devastación, en Espiral Maior (2007) e a novela Unicrom, en Sotelo Blanco (2009). O pasado ano 2011, publicou Desobediencia, nos cadernos  Q de Vian, do colectivo A Porta Verde. Tamén participou en Sétimo andar, poesía alén (2010), Pegadas(2011) -ambos os dous editados polo mesmo colectivo, A Porta Verde-, Mulheres entre poesía e luita, editado pola Assembleia de Mulheres do Condado no 2011,  na colectánea, A cidade na poesía galega do século XXI, ed. Toxosoutos (2012) e na antoloxía de poesía galega, traducida ao castelán, Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, ed. Endymión Poesía (2012).

É columnista do xornal ourensán La Región e ten colaborado na revista dixital de pensamento nacionalista, Terra e tempo e nos xornais Novas da Galiza e Galizalivre. Ademais disto, publica anualmente artigos na revista de Creación Literaria e Cultura, A Casa da Gramática, publicada polo IES Virxe do Mar, de Noia.

Poética:

Entendo a poesía como expresión do pensamento propio, dun sentir persoal e político. Libre. Tamén como un xeito de coñecer o que se move, ou non, ao meu redor  e manifestar o descontento ante aquilo que fica varado na estrutura da linguaxe. A poesía é pois, segundo eu creo, un modo de vivir que, ás veces, é quen de mover as cousas e conmover ás persoas. Eis a marabilla deste instrumento politico estético. Daquela, agardo non limitar a miña escrita a simples cánticos de “rosas e frores”, almibarado e interesadamente sensual. Tampouco non a un retrato egónico egoísta. Un labor difícil, a verdade, e certamente obsesivo no meu caso. Lo confieso.

Na rede:

Caderno da autora 1
Caderno da autora 2
A autora na Galipedia
A autora na AELG
A autora no “Caderno da crítica”
A autora no “Criticalia”
A autora en “Poesia galega”
O “facebook” da autora
A autora no “Sermos Galiza”
A autora na “axendaaelg”

Poemas:

necesito poner esta conciencia en top-lesS,
atravesar a dor cunha espada finísima,
e cravar nela as bágoas todas,
todas as miñas protestas
porque é terríbel esta fatiga
rozada de naufraxios.
Róubame o sobresalto
e a covardía toda.
Non deixes que a indecisión
viva na miña voz de iniciada.

de Vestíbulo da devastación (Espiral Maior, 2007)

o meu neno pequenO
naceu dentro de cinco anos.
Barrigudo e barrigán,
estoupoume neste salón
vermello,
indiferente.
Antes deste parto sen licenza
amei a estirada liña do corpo
esmagada cun ánimo bestial
sobre o sofá…
Fun cariátide no mosaico, entre azulexos.

Acariña as lapas deste incendio
e árdeme suave,
lingua contra lingua,
para salvarme.

de Vestíbulo da devastación (Espiral Maior, 2007)

ALGO QUE TEMER:
As hienas: morte e pan seco: luminarias psicotrópicas transparentes: feitas á medida.
Tamén negror e friaxe.
Atrápannos.
Pero ti cólleme polas maos. Non deixes que me leven fóra de aquí.
E responde-amor-a esta cuestión que tan gustosamente vos sobrepasa:
E pra sacarmos a morte da barriga-pra liberármonos da angustia?
Polo embigo-cherie. Tout à fait droit. Tiras e xa está.
Se tes ocasión-non deixes de facelo.
Pero as hienas seguen aí-na estepa-vibran coma búfalos.

de Desobediencia (Q de Vian cadernos, A Porta Verde, 2011)

E IMPREVISÍBEL

As feridas flúen de alma en alma até dar coas poutas dun ourizo-le hérisson: notre petit et courageux soldat. Comme tous les autres: con botas e viseira: le hérisson botté: listo para pincharse os dedos. A súa ferida rebenta: se ofrece al dios del fracaso. Afouta e firme-con claros signos de repetición. Instálase nos pueblos.

Se veis onda min-trae contigo ese virus que quero estar enferma. É esta a urxencia: comprender que levamos con nós o tacto da usura. Que nalgún momento-en determinadas condicións atmosféricas-somos monstruos vestidos de madreperlas. El cielo no podrá evitarnos esa vergüenza.

de Desobediencia (Q de Vian cadernos, A Porta Verde, 2011)

OS OLLOS DA TERRA.

Yeux d’ abyme: brûlants de gloire et d’angoisse-c’est bien vous qui m’aimez? Os ollos da terra observan todo atentamente-Antoine-con brutal e desmedido amor. Coñecen a usura: pan de papel e vellos bebés belicosos. Toman diente de león para olvidar. E calan meu ben: mon homme du bois: bûcheron radioactif que recolles mortos coma quen apaña patacas. Búfalo e resistente. Fodiendo puteos. Mais il n’y a que de terribles morceaux d’amour et tristesse: crueis e ludre por todas partes  e cavernas e porcas hienas de satin e bravos cordeiros azuzando a lumieira por detrás. Infames podres hidras hidráulicas sobre los dioses de Pound flotan en el aire azur. Queiman todo: arrasan la tierra y sus gentes. Pero tu teis algo para min: un cesto de amor e de xustiza. Y no sabes cuánto te lo agradezco.

de Desobediencia (Q de Vian cadernos, A Porta Verde, 2011)

TON MONSTRE

Así é que te desafío. Entro no teu celme-como se for area diversificada nun insólito feixe de luz. Ninguén poderá apedrearme por iso. Lo imaginas-Antoine? Podes -sen incomodarte- entregar a prenda prezada -ton tout petit monstre- à cet empire à moi: gazeux et colérique? Podes -e o farás- porque amas toda esta furia atravesándonos. Sientes sobre ti el peso de mi alma. Eu sinto a túa. E o monstro encherá de auga os canos-e faremos un fillo: unha explosión eléctrica e memorábel dos abrazos. Pauline en éxtase: viviendo en tu boca.

de Desobediencia (Q de Vian cadernos, A Porta Verde, 2011)

Vídeo, son, imaxes, +:

A autora no “YouTube”

A autora no “ivoox”

A autora no “flickr”

Advertisements