Alberte Momán Noval

albertemomanwa1

Nomeado por:

Rosa Enríquez
Lino García Salgado
Miguel Ángel Alonso Diz
Alfonso Láuzara Martínez
Verónica Martínez Delgado
Ramiro Torres
Xavier Frías Conde

Nomea a:
Verónica Martínez Delgado
Kiko Neves
Alfonso Láuzara
Miguel Ángel Alonso Diz
Lino García Salgado
Paco Souto
Emma Pedreira
Mª Asunción Arias Arias
Alizia Fernández
Igor Lugris
Óscar Antón Pérez García
Eva Méndez
Tati Mancebo
Xavier Frías Conde
Ánxela Gracian
Eli Ríos
Paco Souto
José Estévez
Ramiro Torres
Celso Álvarez Cáccamo
Mário Herrero
Concha Rousia

Bio-bibliografía:

Alberte Momán Noval. Ferrol 1976
Libros:
O lobo da xente. (Edicións Positivas. 2003) II Premio Narrativas Quentes
O alento da musa. (Difusora de Letras Artes e Ideas. 2007)
http://oalentodamusa.wordpress.com
Ferrol e o que queda por chover. (Lulu.com. 2008)
Erótica. (Lulu.com. 2008)
Baile Átha Cliath. (Caldeirón. 2008)
A crise irredutible. (Lulu.com 2009) Http://acriseirredutible.wordpress.com
Por unha palabra tan só. Poema para @s máis nen@s. (Ed. de autor. 2010)
Os quilómetros que percorremos dende aquela. (Editorial Toxosoutos. 2011)
Volumes Colectivos:
Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía Escarlata (Difusora de
Letras Artes e Ideas. 2003)
Isto é un poema e hai xente detrás (Espiral Maior. 2007) participando coa
obra De ter un can chamaríalle Guenguis
A porta verde do sétimo andar (Edición d@s autor@s. 2007)
http://aportaverde.blogspot.com
Outro Mundo é necesario, construamos a alternativa. (XXIIII Festival da Poesía no Condado) 2009
En defensa do Poleiro. A voz de escritores galegos en Celanova. (Toxosoutos. 2010)
Sétimo Andar, Poesía Alén (Nova Galicia Edicións. 2010)
De Castro.- Alba Méndez e Alberte Momán (Q de Vian Cadernos. A Porta Verde do Sétimo Andar. 2010)
Revistas:
Dorna, nº29
Atenea.
Madrygal
Premios:
O lobo da xente. Premio Narrativas Quentes. 2003
Erótica. Premio Francisco Añón de Poesía. 2004
O pasado nas horas. Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá.
2004
De ter un can chamaríalle Guenguis. Mención de Honra no GZCREA 2006
Baile Àtha Cliath. Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas. 2007
Agora. Premio de poesía do Concello de Ames. 2008
Sermos un. Certame de poesía Aurelio Aguirre. 2009

Poética:

A manifestación da desconformidade, a evasión. Unha vía para a reflexión sobre outras vidas utópicas e posibles, ou incluso o camiño que resta por andar até chegar a elas. En definitiva, a representación do presente, mesmo a denuncia, a memoria ou a construción do futuro.

Na rede:
Caderno do autor
Facebook do autor
Twitter do autor

Poemas:

I

levo sobre a pel

as bágoas
das mulleres todas que foron estirpe
e que hoxe son tan só mulleres

o cheiro a estrume
das zocas que bateron o meu corpo

a condición do ser
invisible

as pegadas

a sombra

a orixe
que deu en min
escrava

II

a calcinación da torrada
verquendo frangullas sobre o leite aínda morno
que sosterá da salgada ferruxe das mareas

as engurras das mans
o xabón até os pulsos espidos
a auga a correr
conformando o manto proletario

aló
o mar
tan perto e tan lonxe
dende os cumios de ferro
os guindastres dos que desprenderse e caer
espirse da calor do lume da soldadura
do contacto da pel núa sobre o ferro candente
e máis
un petisco
no alto
observando como o sol apaga o océano

Son e vídeo do autor:

Vídeos do autor no YouTube

Advertisements