Nomeada por:
Marta Dacosta
Rosa Enríquez
Celia Parra
Eva Méndez do Roxo
Nomea a:
Olalla Cociña
Gonzalo Hermo
Roi Vidal
Dores Tembrás
Estevo Creus
Alicia Fernández
Daniel Salgado
Bio-bibliografía:
Antía Otero é escritora, creadora e actriz. Tras licenciarse en Historia da Arte pola USC, realizar un Máster en Historia e Estética do Cinema e formarse artísticamente na Escola de teatro e danza Espazoaberto, decide adicarse á creación escénica movéndose nun código entendido a partir da hibridación de diferentes disciplinas artísticas e creando propostas personais con textos propios.
Dende moi nova estivo en relación coa literatura mostrando o seu interese fundamentalmente pola poesía e o seu diálogo con outras artes. Tras gañar algún premio inicial (co seu poemario De porta un horizonte resultou gañadora do VII Certame Francisco Añón de Poesía do Concello de Serra de Outes ), publica no 2003 o seu primeiro libro individual O Son da Xordeira na Editorial Espiral Maior e no 2010 (Retro)Visor en Edicións Xerais de Galicia.
Outras publicacións en revistas e edicións colectivas nas que aparece:
Poetízate. Antoloxía da Poesía galega.
Elas 5. Antoloxía Poética.
Polifonías. Voces poéticas contra a violencia de xénero
InfoXove
Escrita Contemporánea.AELG.
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra.
Sempre Mar. Plataforma Burla Negra.
Xela Arias. quedas en nós.
Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes.
Na actualidade cursa o Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual de Artea, Universidade de Alcalá, Reina sofía e Matadero e ven de estrear (Retro)visor, un traballo escénico de perfopoesía acompañada do músico Isaac Garabatos.
Dirixe varios obradoiros de creación literaria na Coruña, cidade onde vive.
Poética:
Poesía é a memoria das mans. O cuspe que a miña avoa bota nelas antes de coller a gadaña.
Na rede:
Web da autora
A autora na “Galipedia”
A autora na “AELG”
A autora en “Cultura Galega”
A autora no AVG
O “facebook” da autora
O “Twitter” da autora
Poemas:
Textos tirados de (Retro)visor, Xerais 2010
( http://www.xerais.es/libro.php?id=2071552 )
Como nunca cambiei a cor do pelo
chamádesme Natural
– se nunca decidín tunearme
só foi pola falta de cartos –
…
En cada quilómetro
pensei nas costelas de Egon
nos ocos da carne
na carta que lía sentado na cama do cárcere
baixo a luz da fiestra
reparei na multitude de libros que lle quedaban por ler
e nas marcas das follas
–Nunca viaxei a Tokio–
O máis preto que estiven da cidade
foi o día que me convidaches a comer sushi
e un becho entroume polo estómago
Aniñou en min
e ti sen saber
que cada noite dorme no meu fígado
bébedo de sake
que calceta con paus de madeira
xerseis para a colonia
como se na familia fósemos tantos
ou tivésemos frío
….
No fondo sabía que tanta road-moviepodía matar
pero nunca estimeia ameaza
Vídeo, son, imaxes, +:
entrevista antía otero from Antía Otero on Vimeo.
Corporal (je t_aime) AGORA. A Coruña from Antía Otero on Vimeo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.