Nomeado por:
Xavier Frías Conde
Nomea a:
Manuel Pereira
Miguel Barrera
Begoña Regueiro Salgado
Bio-bibliografía:
Naceu en Vilalba Lugo no ano 1979, é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid.
Forma parte do Grupo Bilbao e codirixiu a colección O Roibén xunto con Xavier Frías, función que segue a desenrolar hoxe dentro do proxecto Lastura.
Ten publicado tres libros de poemas Onte chovía (2000), Lembrazas e olvidos dun extraño (2001) e Da Chá ao lonxe (2011); así como colaboracións esporádicas en revistas como Madrigal ou Xistral e diversas participacións en antoloxías poéticas como Bilbao, mostra de poetas galegos en Madrid (2012).
Poética:
Leer e escribir poesía é unha forma de vivir, de procurala felicidade.
Permite revivir o pasado tal como foi ou como gostaríamos que fose. A poesía é unha forma de dicir todo o que queremos que se saiba: aquilo que doe, o que está mal, pero tamén aquilo que nos gusta e debería repetirse.
A poesía é unha conciencia colectiva.
Na rede:
Entrevista en “El Progreso”
Máis do autor
Poemas:
II
a orquestra a carón do templete
sopra no ar
unha autopsia vertixinosa
eu
sentado no cumio do queixo que se forma na Costa
lembro as caretas esquizoides
que un día foron o son dunha viola transida
a sintaxe da floresta a carón dun castro
a terra entre amieiros e bidueiros
sona na Serpe o saúdo dunha cotovía
e as serras patruciais do Miño
ínzanse nunha Santa Compaña insaciábel
eu
apoio os cóbados en todos os campanarios
que esquivan a poesía de Pessoa
érgome
como se ergue a brétema mareira sobre as chairas e lagoas
o ruxir da vida no laúde do vento
Da Chá ao lonxe, IESCHA 2011
dende illa Pancha
as rochas son area
o verde brincadeiras nas miñas dedas
a auga remove
os remorsos da historia afundida
o faro impasíbel
chíos de gaivota chío-chío
quero escoitalos non chío-chío
as gaivotas non chían
auga golpeando conciencias
esperta
a sociedade civil
VI
vi su rostro desde abajo:
como la luna con cicatrices
la mitad en la luz, la mitad en la pena.
Tomas Tranströmer
ían no ar as pedras
xente bulindo na rúa
o pouso do cambio
xermolaba
nos monos azuis
dos obreiros de Bazán
absorbidas no silencio
viúvas
tamén con monos azuis
amosan as cicatrices
impotencia
NIEBLA
REY
dous cadáveres na lembranza
dunha concienia non xulgada
10 de marzo
hoxe e sempre
De Axóuxeres da melancolía, pendiente de publicación
Vídeo, son, imaxes, +:
O autor no “YouTube”
1ª parte
2ª parte
Debe estar conectado para enviar un comentario.