Aclaración

O xeito de aparecer neste caderno é ter sido mencionado por outro/a poeta. De ser o caso, ponte en contacto con nós no correo: asescollaselectivas@gmail.com. Tamén agradecemos que os autores nos faciliten algún enderezo dos/as  escollidos/as por eles/as, para establecer comunicación e ir enchendo este espazo.

Este caderno medra contigo, coas túas achegas, e é unha obra en permanente construcción.

Os datos que aquí aparecen son aportados polos propios/as autores/as.

Os dereitos dos textos e das imaxes pertencen aos/ás respectivos/as autores/as, polo tanto o seu emprego será autorizado por eles/as. O que se reproduce neste caderno é contando coa súa autorización.

As, e os autores poderán mudar o contido da súa ficha, mesmo poderán pedir que se borre ise contido. Os administradores faremos o posible para atender cada petición nun tempo prudencial, sempre que poidamos e non exista ningún impedimento ou causa de forza maior que o limite.

Os comentarios das entradas do caderno serán moderados polos administradores, sempre que sexa posíbel, e en ningún caso se admitirán anónimos; tampouco se empregarán os mesmos como foro de debate.

Os correos enviados de xeito anónimo serán destruídos, e non se manterá correspondencia con ninguén que non sexa nomeado.

Tanto o acceso ao blog, como o uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade da persoa usuaria.

As Escollas electivas non se fai responsábel polos danos derivados directa ou indirectamente polo uso deste sitio, tanto no que se refire o blog do que é titular como respecto doutros blogs ou webs coas que se poida enlazar.