Marta Dacosta
Gonzalo Hermo
Ramiro Torres
Antía Otero
Nomea a:
Anxo Angueira
Olalla Cociña
Emma Couceiro
Miguel Anxo Fernán Vello
Celso Fernández Sanmartín
Gonzalo Hermo
Pilar Pallarés
Ana Romaní
Xavier Seoane
Eva Veiga
Bio-bibliografía:
Dores Tembrás (Bergondiño, 1979), licenciouse en Filoloxía Hispánica no 2001. Tras una bolsa predoutoral da UDC e de distintas estadías investigadoras en Suecia, Madrid e Buenos Aires defendeu a súa tese doutoral: La obra poética de Alejandra Pizarnik. Arquitectura de un desencuentro (2008). En 2009 publicou o seu primeiro poemario O pouso do fume, finalista dos premios de la AELG 2010 na categoría de poesía. Participou coa serie de poemas Esquiagrafías na Revista das Letras e OPIVM na revista Dorna. Tamén en antoloxías como elas ou Poetízate, e noutras revistas e volumes colectivos como Mulheres entre poesía e luita.
En diálogo coa obra do pintor Manuel Suárez escribiu un breve poemario en 2010, todavía inédito, sobre quince cadros abstractos, cristalizados nun libro de artista: Alentos ao vacío. En 2012 verá a luz un conto en verso para primeiros lectores. Ademáis da súa faceta investigadora, dende hai anos imparte obradoiros literarios en institucións públicas e privadas.
Na rede:
Páxina web da autora
Caderno da autora
Twitter da autora
Poética:
cartografía de palabras
repetir cada signo
dentro da cuadrícula
papel en branco
pozo infindo
as palabras esvaran
por iso sempre cuadrículas
para salvalas
pequenas casas
onde vivir para sempre
Poemas:
De O pouso do fume
nin circunferencia
nin esfera
nin círculo
redondel si
*
morreu
de peste
o limoeiro
viña chegar
dende a fiestra
tantas tardes
as follas negras
os citróns secos
ula prata aceda?
as espiñas da infancia
aínda infectas
*
amarotes nos balados
camiño da escola
saltóns
miñocas
dúas galletas na man
ata a cancela aberta
para chegar onda o punzón
e na cociña
a Sra. Antonia
chop chop a confitura
dende entón
o corazón
coma o marmelo
balorecido
*
días en que me seco no centro
e rodas de palabras baixo a campá
e nada detén as palpitacións
que anuncian a caída
nin sequera os ósos amortecen o golpe
o estalido será o contrasinal
para despedirme das cousas inútiles
dos días sen ceo
das promesas
neses días recollo anacos de palabras
restos acarunchados
que clasifico por tamaño e rugosidade
como a arqueóloga que me designaches ser
desempoo muros sen inscricións
empeñada en destilar caixiñas infantís
mariquitas decapitadas
tardes de cacharriños
papaventos
*
e non houbo amparo
naquela mañá do vintesete
o ceo caído
na ponte da marquesa
para a nena
que viu pasar os veloces cabalos do Rei
embarradas as medias
e era mágoa
el nin sequera escoitara os aplausos
ela pensaba
ata a escola
7 km
*
había
herba seca nas túas mans
e pan por cocer
da noite no muíño
o gran
e silvas no cabelo
non estaba Hughes para pintarte
nin para chorarte Laertes
non había cádavos abondo para cravarte
nin sequera o río Pequeno para afogar
ti só querías
acabar comesta polas vacas
coma toxo mazado na bañoca
*
amor
que sostés os meus pulsos coma se foran
cuncas diminutas de cerámica chinesa
e non sabes que as cereixas
deixaron de medrar
ata que volvas
De Esquiagrafías
inventaches a caixa
funil de sombra
cadaleito de luz
coma co leite callado
para o negativo
tronada
fotoquímica
*
e es
sedimento de cobre
inflorescencia
en caixa metálica
dente de león
ou tirafondo
a oxidar o papel
que treme
De Diapositivas a clareo
IV
sen beleza de tísica
na herba
estendes os lenzos
así
clareas os días
horas de mandil
engraxado
fosilizando o tisne
do peito
V
modificas
a traxectoria
pasándolle a pedra
á fouciña
e alí
cinguida de fracaso
no medio do camiño
sóbesme ao colo
para que unha das dúas
non se ortigue
De OPIVM
nela
ingravidez silábica
a carón da lámpada
delicadeza obscena
no rigor
poison
a subliñar o espasmo
-en distorsión
vértebras-
e dedos hábiles
marelos
amortecendo
plano inclinado
ar fruncido
*
Broken Blossoms
e apretas o paso
ata Limehouse
gentleman
sen levita
nin fibela
sostés a fronte
consentindo
o golpe seco
dos alcaloides
descartando
inflorescencias
de fume
silencio tóxico
contra anatomía
*
Son e vídeo da autora:
O pouso do fume
Actualidade desde Achegarte
Recital III encontro escritores nov@s
Videoteca AELG
Taula de Poetas 3/6
man con man
Debe estar conectado para enviar un comentario.