Nomeada por:
Nomea a:
Roi Vidal
Andrés Suárez – Chile
Manuel Outeiriño
Rosalía Fernández Rial
Helena de Carlos
María Reimóndez
Carlos Quiroga
Ramón Neto
Bio-bibliografía:
Nacín en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresei ás terras de Ordes onde me criei. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidín instalarme ao pé do Castro de Elviña.
1- Obra publicada.
1.1- Individual
- nós escoitando o badalo de Marienplatz, Espiral Maior, 2010.
- Maria, 2013, O Figurante.
- Anamnese, 2014. Sotelo Blanco.
- Diario de fotogramas, 2014, Concello de Riveira.
1.2- Colectiva
- Rúa da Cancela, 2010, A. C. Caldeirón.
2-Premios
- XII Premio de Poesía Concello de Carralno 2009, por nós escoitando o badalo de marienplatz.
- IV Certame de poesía erótica Illas Sisargasno 2009, por Rúa da Cancela.
- I Premio de Poesía Figurante no 2013, por Maria.
- II Premio de Poesía Manuel Lueiro Reyno 2014, por Anamnese.
- XVIII Certame Francisco Añón de Poesía no 2014 por Doe tanto a túa ausencia.
- Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes en 2014, por Diario de fotogramas.
Poética:
A poesía é a orde matemática das palabras que esparruñan os mundos da imaxinación.
Na rede:
Caderno da autora
A autora na “Galipedia”
A autora na “AELG”
A autora en “A Sega”
Poemas:
prendo a luz
aínda
que
é
de
día
só para confirmar
que a loura
segue no caldeiro
que a xanela
non transloce a rúa
que o teu nome
está mal dito
apago a bombilla
para reafirmar
que penso e existo
tamén na penumbra
nós escoitando o badalo de marienplatz (2009)
bile
azafrán
cuspida
contra
as esquinas
redondas
límite
onde as xemas
deteñen
as elipses
arquivado en: decoración de interiores
nós escoitando o badalo de marienplatz (2009)
Vídeo, son, imaxes, +:
Debe estar conectado para enviar un comentario.