A modo de presentación

Hoxe, hai 100 anos que naceu o poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro e, nesta data tan sinalada, nace esta iniciativa poética As escollas electivas, coa idea de xunguir aos poetas contemporáneos de Galicia.

As escollas electivas é unha inciativa privada, inspirada noutros proxectos similares (que puxo en marcha o arxentino Alejandro Méndez), e que teñen como único fin amosar a poesía dos autores vivos galegos.

A Suso Díaz e Maripaz Paz, como contribuintes a este proxecto, móvenos o interese que temos pola poesía, e cremos que este é un bo medio para defundir a poética que se está a escribir no país, coa idea de que sexa divulgada e coñecidos os seus autores. É a nosa humilde aportación en prol da lingua, que é o horizonte que nos move, e o vieiro que non queremos perder como seña da identidade do noso pobo.

“Mais o lume que alampea / xamais o veredes morto”.

4 opinións sobre “A modo de presentación

  1. Gracias por comentarlo, y seguro que tendrás un recuerdo inolvidable de ese acto multitudinario. Saludos.

  2. Parabéns, moita sorte co proxecto e ogallá a rede contribúa a facer o que aínda non se da feito na rúa (escrita colaborativa, difusión, intercambio…)

  3. Grazas Celanovas, eso é o que agardamos, facer deste espazo un lugar de encontro da poética do país, de todos nós depende. Apertas.

Os comentarios están pechados.