Samuel L. París

samuelparis

Nomeado por:

Xabier Xil Xardón
Andrea Nunes Brións
Celia Parra
Alba Méndez 

Nomea a:

Xulia Mintoni

Bio-bibliografía:

Samuel L. París (Muros, 1984). Exdefensa central da U.D. Campestre de Montrove, baixista do grupo de electrocumbia Terbutalina e autor material dos teitos. Obras publicadas até a data:
·         Onde ves unha améndoa hai exactamente unha améndoa (Laiovento, 2007)
·         Manual da destrución (A Regueifa NetLabel, 2008)
·         O poemario dos chícharos (Xerais, 2009)
·         Cicerón Vs. Garrincha: pirolas de medio metro (Toxosoutos, 2011)
·         Inflamable (Positivas, 2012)

Poética:

Na fraude, nas mentiras e diante dunha xerra chea de chícharos, somos once contra once e non hai rival, pequena.

Na rede:

O autor no Bandcamp
O autor no Twitter

Poemas:

Poemas extraídos de O poemario dos chícharos (Xerais, 2009) [Practicamente todos os dereitos reservados]

[…]

os chícharos armados
de paciencia
esgotando os segundos da primavera
que virá

entrefollear a luz
e a escuridade
mentres os chícharos
arrogantes
e
elegantes
esquecen
que podían esquecer

semanalmente
e anualmente
e diariamente
e os chícharos

os banqueiros
as mariscadoras
as militares
os policías
os chícharos

transgredir a hipnose
aprobada por maioría
na última edición
do brillo dos chícharos no abrir
do día

os chícharos non teñen mans
polo
que
os chícharos nunca tocarán
o ceo
coas mans

os chícharos
gardan
milleiros de chícharos
na súa alma
e non cren nos anxos
[…]

Son e vídeo do autor:

Vídeo 1

Audio 1

Audio 2